Queixas da asociación San Salvador de Poio polo "precario" alumeado de Nadal
Por Redacción
"Insuficiente e en moitos casos, inexistente", con esta expresión a asociación veciñal de San Salvador de Poio manifesta o rexeitamento á iluminación do Nadal que o Concello de Poio deseñou para estas festas.
Montse Baquero, portavoz do colectivo sinala que non é normal que a parroquia máis grande de Poio, cunha poboación de 7.000 persoas, teña unha iluminación do Nadal "tan precaria".
Neste sentido, a representante veciñal indica que lugares como Lourido; Viñas; A Caeira; Portosanto; a zona baixo A Barca onde se atopa o parque de Ankar; o atrio da parroquia de San Salvador e a contorna do Centro de Saúde de Anafáns carecen de iluminación festiva. Montse Baquero lembra ao goberno local que debe reverter os impostos que se pagan anualmente en beneficio da veciñanza e do comercio local.
Engade que a inauguración do encendido de luces foi moi pobre coa presenza de apenas corenta persoas. Reclama para estes actos a celebración de obradoiros, actividades lúdicas e outros atractivos para fomentar a participación da cidadanía.
Relacionadas:
-
Os veciños de San Salvador piden unha solución para a inseguridade que sofre a parroquia
Por Oskar Viéitez |
-
O PP critica que o Concello de Poio non traia a Papá Noel e "adoctrine" coa Apalpadora
Por Oskar Viéitez |
-
O Nadal chega a Poio con Apalpadora e espazos para a conciliación
Por Oskar Viéitez |