Lista de agarda para ter un composteiro individual en Ribaduma
Por Redacción
O interese da veciñanza de Ribadumia pola compostaxe vai en aumento e na actualidade o Concello ten unha lista de agarda de persoas interesadas en recibir un composteiro individual (COIN).
O Concello iniciou xa o reparto de composteiros individuais do Plan Revitaliza da Deputación. Mestres composteiros explicaron este luns nunha reunión que a compostaxe implantarase a medio prazo como novo modelo de xestión de residuos para o municipio tanto por motivos ambientais como económicos.
Ao encontro, o primeiro do Revitaliza neste concello, acudiron preto de 70 persoas, máis do 90% das que estaban convocadas para a entrega nominativa do composteiro individual e tamén algúns outros veciños interesados pola compostaxe e por como conseguir un recipiente para a súa vivenda. De feito, nestes momentos o Concello conta cunha lista de agarda á espera do COIN e outra moita xente que aínda que non formalizou a súa petición, tamén amosou a súa disposición a compostar.
Pola súa banda, persoal técnico da Deputación (mestres composteiros) repartiron os composteiros individuais e distinto material a cada representante de cada domicilio particular. Tamén explicaron en que consiste o Plan Revitaliza, como se composta, e algunhas cuestións prácticas como a importancia de colocar ben ubicado o composteiro, de achegar suficiente estruturante para misturar cos biorresiduos, e tamén de remexer periodicamente o material para airealo.
O persoal contestou dúbidas sobre que se pode botar no composteiro (todos os restos de comida crúa ou cociñada e vexetais) e a posible aparición de problemas de lentitude na produción do compost, que non se deben producir se se seguen as indicacións técnicas.
Ribadumia conta nestes momentos con varios centros de compostaxe comunitaria que están a funcionar perfectamente coa implicación e colaboración da cidadanía.
Relacionadas:
-
Todos os concellos do Plan Revitaliza estrearán en 2020 composteiros comunitarios e individuais
Por Redacción |
-
Os mestres composteiros resolven as dúbidas á veciñanza de Meis polo novo centro de compostaxe
Por Redacción |
-
Mosquera asegura que os concellos do Plan Revitaliza son os únicos que poderán reciclar o 50% dos residuos en 2020
Por Oskar Viéitez |
-
100 composteiros individuais van repartirse esta semana en Bueu
Por Redacción |
-
'Xantar quilómetro cero' no Carlos Oroza para degustar a súa horta e produtos de proximidade
Por Redacción |
-
O compost toma a Praza da Peregrina
Por Manu Otero |