O centro terapéutico de alzheimer de Briz abre con todas as prazas xa completas
Por Redacción
Marín xa ten aberto o seu centro terapéutico para persoas con alzheimer e a súa andaina comeza con bo pé. As instalacións, que están na Finca de Briz, comezaron a traballar con todas as prazas ofertadas xa completas.
As concelleiras Marián Sanmartín e Cristiña Acuña visitaron aos usuarios, en compañía do presidente da asociación Afapo, José Manuel Fontenla, entidade que xestiona os obradoiros de memoria e psicomotricidade, entre outros, que se imparten no centro.
Ambas partes aseguran estar "encantados" pola boa acollida que tivo a iniciativa, que ten dúas novas solicitudes aínda pendentes de valoración, pero listas para ser ocupadas polos usuarios.
O centro, de carácter público, gratuíto e compatible con calquera axuda, supón unha continuidade con respecto aos obradoiros de memoria que se ofrecen, tamén en Briz, a persoas xubiladas que están sas.
"O centro é un paso máis, que está destinado a tratar a persoas que xa teñen a demencia diagnosticada", afirma Fontenla, que incluso explica que os obradoiros de prevención axudan a que moitas veces "saia á luz a enfermidade cando mostran os seus primeiros síntomas".
Esta boa acollida pon enriba da mesa a posibilidade de aumentar o número de grupos e sesións, tal e como adiantou a edil. De momento, o centro ten actividade os luns e mércores de 11.00 a 13.00 horas, pero vista a demanda pensan na posibilidade de novos grupos noutras quendas, como os martes e xoves, por exemplo.
O goberno municipal adianta que o obxectivo é poder habilitar un centro de día público onde se poida dar servizo ás persoas que precisan dunha atención continuada de oito horas. "Estamos traballando nisto para poder levalo adiante", afirmou Sanmartín, que definiu este centro como o "embrión" dun proxecto asistencial máis ambicioso.
Relacionadas:
-
O centro terapéutico de Briz para persoas con alzhéimer aumentará o seu servizo aos usuarios
Por Redacción |
-
Posta a punto da estrada das praias de Marín, con nova rodadura e sen maleza
Por Redacción |
-
O 18 de novembro abrirá o centro terapéutico de Briz para persoas con alzheimer
Por Redacción |
-
Briz acollerá un centro terapéutico para pacientes con Alzheimer
Por Redacción |
-
Afapo inicia en Marín novos talleres de memoria
Por Redacción |