Afapo inicia en Marín novos talleres de memoria
Por Redacción
A Asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO), e o Concello de Marín, comezaron uns talleres de memoria.
Nestes talleres, a través de dinámicas de grupo, foméntase a cohesión entre os participantes, a sociabilidade, a diversión e o traballo en equipo e dunha maneira individual traballan distintas áreas cognitivas como a memoria, linguaxe, escritura, cálculo, praxias e así favorecer a súa autonomía persoal, previr o illamento social e mellorar as relacións interpersoais.
Desde o Concello de Marín explicaron que o novo reto que se debe afrontar ante a enfermidade de alzheimer e as demencias neurodexenerativas é a prevención e fomentar un envellecemento activo.
Neste sentido, AFAPO realiza actividades dirixidas a persoas maiores de 65 anos, cuxo obxectivo é previr a deterioración das capacidades psicofísicas e apoiar as medidas de protección e auto coidado para manter, o maior tempo posible, ás persoas maiores de forma dependente e autónoma.
Relacionadas:
-
O centro terapéutico de alzheimer de Briz abre con todas as prazas xa completas
Por Redacción |
-
Briz acollerá un centro terapéutico para pacientes con Alzheimer
Por Redacción |
-
Marín será sede de cursos de formación e apoio a coidadores de persoas afectadas de demencia
Por Redacción |
-
A Xunta destina 290.000 euros ao centro de día e a unidade de Alzhéimer de AFAPO
Por Redacción |