Buscan valentes para unha noite de terror na biblioteca de Sanxenxo
Por Redacción
A tradicional noite de terror de Sanxenxo celébrase o venres 15 de novembro na biblioteca do Pazo Emilia Pardo Bazán. Trátase dunha actividade lúdica e solidaria dirixida a alumnos de primeiro a cuarto da ESO.
A velada dará comezo ás 22 horas do venres e non terminará ata a mañá do sábado seguinte despois do almorzo.
Durante a noite, os participantes poñerán a proba a sua imaxinación, capacidade inventiva, traballo en equipo e outras habilidades co fin de lograr que os adolescentes gocen entre libros, contos, historias aventuras e unha yincana de xogos para inmunizarse contra bruxas, demos e outros seres de ultratumba. Unha combinación de medo e diversión a partes iguais.
Outra das metas pasa por facer ver aos mozos que as bibliotecas poden ser a sede de distintos eventos á marxe da simple lectura en silencio.
Os rexistrados nesta actividdad terán que levar a súa propia cea preparada de casa. Mentres que para o almorzo do día seguinte é necesario achegar produtos pechados e non perecedoiros como cereais, leite ou galletas, posto que o excedente será doado ao centro que Cáritas ten en Sanxenxo.
O prazo de inscrición está aberto desde este xoves e a matrícula pode formalizarse no Pazo Emilia pardo Bazán ou a través do teléfono 986 72 79 36 ata completar aforo.
Relacionadas:
-
RADIO.- Un oso polar na praia?, que hai baixo o embigo? Valentín Coronel ten a resposta
Por Marisa Ciordia |
-
Terror e solidariedade van da man na biblioteca de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Máis de cen escolares de Sanxenxo participaron na "Noite de terror" solidaria
Por Redacción |
-
'Noite de terror' na biblioteca de Sanxenxo
Por Redacción |