Alguén non sabía que son días de mareas vivas

Por Oskar Viéitez

© PontevedraViva

© PontevedraViva
Estes días estamos a vivir as mareas vivas máis altas do outono, unha información para moitos intranscendente pero que tería sido de utilidade para a persoa que deixou aparcado o seu coche no peirao das Corbaceiras a mercé da pleamar.
A subida do nivel da auga na desembocadura dos ríos Lérez e Gafos, elevou a lámina de auga ata tal punto que alcanzou aos coches alí aparcados.
Aseguran os meteorólogos que foi a terceira marea máis alta do ano.
O mar experimenta estas oscilacións como consecuencia da aliñación entre a Terra, a Lúa e o Sol. As mareas máis vivas adóitanse rexistrar principalmente entre os meses de marzo e setembro e coinciden cos equinoccios.