Dous turismos, devorados pola crecida das augas nas Corbaceiras
Por Redacción
Dous vehículos víronse afectados pola auga salgada da ría de Pontevedra a primeiras horas da tarde deste luns ao atoparse aparcados na rampla de acceso ao peirao situado nas proximidades do edificio do Gremio de Mareantes no barrio das Corbaceiras.
Un dos turismos, un Citroën, quedou coas catro rodas practicamente cubertas de auga afectando os baixos do vehículo aparcado na pendente. Un lugar no que, a pesar de que existe unha prohibición de estacionamento, termina sendo utilizado por numerosos condutores que deciden aparcar alí os seus coches para pesar do risco que supón cando non controlan o horario das mareas.
O guindastre tivo que acudir para retirar ao vehículo máis afectado da auga. O propietario viuse obrigado a poñerse botas de auga e adentrarse uns mentros para enganchar o turismo ao guindastre para que o arrastrara cara ao exterior.
Neste caso, estamos en días de mareas vivas e ademais con mar revolto, tal e como se comproba pola chegada de numerosa vexetación, troncos e follas, ata a beira do peirao. A subida rápida das augas provoca en reiteradas ocasións ao longo do ano que se rexistren estes incidentes neste punto da cidade.
Relacionadas:
-
Tres coches sofren as mareas vivas provocadas pola superlúa azul
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- Diversión no Lérez grazas ás intensas mareas vivas do equinoccio
Por Redacción |
-
A marea volve sorprender os condutores que aparcan no peirao de Corbaceiras
Por Redacción |
-
Alguén non sabía que son días de mareas vivas
Por Oskar Viéitez |
-
As mareas vivas provocan que un coche quede atrapado no peirao das Corbaceiras
Por Redacción |
-
Unha muller e un neno conseguen saír do coche antes de que se mergullase nas Corbaceiras
Por Redacción |