A marea volve sorprender os condutores que aparcan no peirao de Corbaceiras
Por Redacción
Non é un fenómeno excepcional, pero cada vez que ocorre sorprende a algún condutor descoidado que deixa o seu coche aparcado no peirao de Corbaceiras a mercé da marea. Estes días está a ter lugar un novo episodio de mareas vivas que fai que o nivel do mar suba máis do habitual e as augas alcancen zonas que normalmente permanecen secas.
Esta tarde foi un Citroen negro o que terminou medio mergullado. O mar chegou a cubrir máis dun metro a parte traseira do vehículo, aparcado na zona media da rampla do peirao. Un lugar no que, a pesar de estar prohibido o estacionamento, son numerosos os condutores que deciden deixar alí os seus coches para pesar do risco que supón, sobre todo cando non están ao tanto das previsións das mareas.
Este luns, segundo os datos de Meteogalicia, a preamar elevou o nivel das augas ata os catro metros con respecto ao nivel da marea baixa. un fenómero que atraeu a decenas de curiosos ata o paseo marítimo da avenida de Marín e á contorna do Gremio de Mareantes para comprobar como as pequenas ondas case chegaban a superar os espigóns ameazando tamén ao resto de vehículos que aparcan na zona alta do embarcadoiro.
Segundo os datos do instituto meteorolóxico, para as xornadas do martes e mércores espérase tamén unha preamar, que terá lugar ao redor das 16.30 horas, que volva cubrir boa parte da rampla deste peirao, polo que os condutores deberán andarse con ollo senón queren acabar cos seus coches no taller.
Relacionadas:
-
Tres coches sofren as mareas vivas provocadas pola superlúa azul
Por Almu Dapena |
-
Dous turismos, devorados pola crecida das augas nas Corbaceiras
Por Redacción |
-
O temporal e a preamar complican a circulación en Beiramar
Por Redacción |
-
A marea engole, por segundo día consecutivo, outro coche no peirao de Corbaceiras
Por Manu Otero |
-
Alguén non sabía que son días de mareas vivas
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- As mareas vivas volven afectar a varios coches nas Corbaceiras
Por Almu Dapena |
-
A preamar volve afectar a vehículos aparcados na rampla do peirao das Corbaceiras
Por Redacción |
-
Un coche leva tres días sufrindo as mareas vivas en Corbaceiras
Por Redacción |