A chuvia non impide que Marín festexe o seu San Miguel coa Danza de Espadas
Por Redacción & Diego Torrado
Baixo a choiva. Así celebrou Marín o día grande de San Miguel. As malas condicións climatolóxicas, aínda que obrigou a alterar o programa previsto, non logrou impedir que a tradicional Danza de Espadas puidese ser gozada polos veciños do municipio.
A danza, que foi interpretada como marca a tradición por tres grupos -nenos, adultos e meigas e trasgos-, só se celebrou na chaira do Templo Novo.
O paseo de San Miguel polas rúas de Marín, así como o baile na Praza de España, a Praza do Reloxo e a Alameda, tivo que ser cancelado polo mal tempo.
A Danza de Espadas foi o colofón a unha fin de semana festiva en Marín. A xornada do domingo arrancou co acto de entrega do recoñecemento que o Ateneo Santa Cecilia outorga cada ano a marinenses ilustres relacionados con esta tradición.
Nesta ocasión, os homenaxeados foron Enriqueta "Queta" Molas, polo seu traballo de conservación da danza; Lucía Meca, que leva dez anos interpretando o ancestral baile; e o exalcalde de Marín Francisco Veiga.
Ademais, o Concello organizou unha recepción oficial aos danzantes e a igrexa do Templo Novo acolleu unha misa solemne cantada polo Coro Cámara Thalassa.
Relacionadas:
-
A pandemia tamén obriga a suspender a tradicional Danza das Espadas de Marín
Por Redacción |
-
A iluminación LED chega á alameda de Marín
Por Redacción |
-
A festa do 'San Migheleiro' invade un ano máis as rúas de Marín
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Marín prepárase para un novo San Miguel
Por Oskar Viéitez |