A festa do 'San Migheleiro' invade un ano máis as rúas de Marín
Por Redacción & Diego Torrado
As camisetas a raias volveron a encher de cor as principais rúas e prazas de Marín. Miles de persoas gozaron dunha nova edición do tradicional 'San Migheleiro', a festa máis divertida que organiza o municipio con motivo da festividade de San Miguel.
Durante todo o día, os establecementos hostaleiros de Marín sacaron as súas barras á rúa para satisfacer a sede dos participantes que, xunto coa súa vestimenta raiada, tamén sacaron do armario os chapeus de palla e sobre todo as súas ganas de pasalo ben.
Ata 43 bares anotáronse nesta ocasión para formar parte do roteiro do 'San Migheleiro'.
O ambiente estivo amenizado polas charangas Noroeste, Os da Caña e Os Jalácticos durante o día e, xa pola noite, por varios DJ que animaron aos máis fiesteros ata altas horas da madrugada. Tamén houbo actuacións musicais no parque Eguren e a Alameda.
A festa ademais desenvolveuse con total normalidade e non se rexistraron incidentes.