Poio aborda con Augas de Galicia a mellora dos servizos en Fragamoreira e Vilariño
Por Redacción
A dotación de servizos de saneamento e abastecemento de auga nas localidades de Vilariño e Fragamoreira centraron este venres a reunión mantida polos integrantes do goberno local de Poio e a directora xeral de Augas de Galicia, Teresa María Gutiérrez.
No encontro, no que participaron a segunda tenente de alcalde, Silvia Díaz; e os edís de Facenda, Xulio Barreiro; e Medio Ambiente, Gregorio Agís; os concelleiros fixeron fincapé na necesidade de completar o saneamento en todo o municipio.
Doutra banda, o Concello solicitou tamén a colaboración deste departamento para levar a cabo a execución a rede de abastacimiento en Vilariño. Nun estudo realizado polo goberno local, calcularon que o valor deste proxecto ascendería a 1,6 millóns de euros e tería unha extensión de catro quilómetros.
Pola súa banda, a directora de Augas de Galicia aproveitou o encontro para analizar a situación do saneamento da ría de Pontevedra e informalos da convocatoria de axudas a municipios para financiar o 80% do custo da elaboración de plans de emerxencia ante apisodios de seca.