"Varamento masivo" de golfiños nas Rías Baixas
Por Redacción
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) detectou durante esta fin de semana o varamento simultáneo de varios cetáceos ás rías galegas. No caso das praias da Ría de Arousa, chegaron polo menos catro golfiños comúns, tres con vida, unha cifra que, segundo explican, "pode cualificarse de varamento masivo".
Desde esta ONG adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia explican que están investigando as causas, pero, de momento, non avanzaron nese traballo porque a súa prioridade está en atender aos animais na medida do posible.
De momento, saben que morreron dous machos adultos, pero aínda están a estudar máis toda a situación. Para poder avanzar na investigación, piden á cidadanía que alerte da presenza de cetáceos nas praias para levar a cabo o seguimento.
En total, durante a fin de semana, apareceron cinco cetáceos en praias de Sanxenxo, O Grove, A Illa de Arousa, Rianxo e Boiro. Foron catro golfiños e un arroaz que apareceron varados vivos ou en risco de varar e, segundo os datos de Cenma, só un acabou morrendo. Na Ría de Arousa foron catro.
Cemma alerta de que a supervivencia destes exemplares nestes casos é escasa, pois cando chegan ás praias están xa na parte final dun proceso que hai moito tempo que deu comezo.
As persoas que teñan algún tipo de información poden contactar por teléfono móbil coa Rede de Varamentos no número 686989008 ou tamén co 112. A Rede de Varamentos de Galicia conta coa colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
Relacionadas:
-
Alerta de varamento masivo de golfiños comúns na Ría de Arousa
Por Redacción |
-
RADIO.- S.O.S. de arroaces, caldeiróns e outros cetáceos nas Rías Baixas
Por Marisa Ciordia |
-
Unha quenlla peregrina aparece morta na praia de Canelas
Por Redacción |
-
O CEMMA alerta da alta mortalidade de arroaces nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Rescatan un golfiño atrapado pola baixamar en Lourizán
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada