Unha quenlla peregrina aparece morta na praia de Canelas
Por Redacción
Este venres aparecía morto na praia de Canelas, no municipio de Sanxenxo, unha quenlla peregrina.
Este escualo de máis de tres metros de longo e cun peso que se atopa nos 250 quilos quedara atrapado nas redes do pesqueiro Novo Vendaval. Os tripulantes da embarcación encargáronse de recoller o corpo, segundo informan desde o Concello de Sanxenxo.
Efectivos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) levarán a cabo, ao longo das vindeiras horas, unha análise do corpo do animal para que se realice un informe sobre as causas da morte.