O CEMMA alerta da alta mortalidade de arroaces nas Rías Baixas
Por Redacción
A poboación de arroaces non está considerada en risco nas Rías Baixas, de momento. A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) alertou este venres da situación que vive este especie mariña no sur de Galicia tras un "mal ano" 2018.
Segundo o CEMMA, durante os últimos 12 meses producíronse máis mortes de arroaces que nacementos ante o incremento no número de exemplares que son atopados varados nas praias ou outras zonas de costa, unha situación que "é máis grave ao aumentar os casos de mortalidade infantil e de femias adultas".
Explica a coordinadora que os datos obtidos a través dun seguimento coas súas embarcacións, durante 2018 naceron nove arroaces nas rías, pero catro deles morreron nos primeiros meses de vida. Ademais rexistrouse o falecemento de ata 14 exemplares xuvenís e adultos na zona.
A captura accidental segue sendo a principal causa de morte e de exemplares varados con máis do 50% dos casos examinados, seguido da mortalidade infantil cun 22% e de enfermidades patolóxicas nun 10% dos casos.
Non foi o primeiro ano con crecemento negativo, polo que a pesar de non estar en risco esta situación "pode converterse nunha serie ameaza", aseguran desde o centro de estudo mariño.
Relacionadas:
-
RADIO.- Manu San Félix: "As Rías Baixas son unha zona bendicida pola natureza, pero tamén enferma"
Por Marisa Ciordia |
-
"Varamento masivo" de golfiños nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Rescatan un golfiño atrapado pola baixamar en Lourizán
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Dous arroaces irrompen en Aguete para mergullarse cos bañistas
Por Redacción |