O novo viveiro de empresas na Zona Franca de Marín, acondicionado e listo para darse a coñecer
Por Redacción
O Concello de Marín confirma a posta en marcha do novo viveiro de empresas do municipio nun local construído pola Autoridade Portuaria e acondicionado en virtude dun convenio de ocupación demanial.
O vindeiro luns abrirá as súas portas para dalo a coñecer e ao longo das próximas semanas verán a luz as bases que posteriormente xestionarán o seu uso.
O obxectivo do proxecto que asumiu a Zona Franca é ter un espazo nun punto neurálxico e estratéxico como o Porto de Marín que sirva de punto de encontro e se destine a poder ofrecer espazos que xeren expectativas de negocio.
O viveiro está orientado ao mundo da hostalería, pretendendo poñer en valor este espazo cunha zona ampla de cociña e showcooking.
Unha vez terminadas as obras, o local foi entregado pola Zona Franca e despois do verán arrincará a actividade que se pretende programar
O viveiro será xestionado polo propio concello a través dun convenio para a súa xestión que executará a Asociación de Xóvenes Empresarios. Trátase do mesmo modelo de xestión que xa funciona en Pontevedra e Vilagarcía.
O local acondicionouse utilizando como eixo central do mesmo o Espazo de demostración e arredor do cal se organizarán o resto de espazos.
Relacionadas:
-
Marín inaugura o seu novo viveiro de empresas
Por Redacción |
-
Marín prepárase para poñer en marcha o viveiro de empresas
Por Redacción |
-
Acondicionan o local do viveiro de empresas de porto de Marín para demostración de produtos
Por Oskar Viéitez |
-
Zona Franca impulsa en Marín un viveiro de empresas enfocado aos produtos do mar
Por Redacción |