Acondicionan o local do viveiro de empresas de porto de Marín para demostración de produtos
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín, a través da área que dirixe Manuel Santos Costa como responsable de urbanismo e facenda, iniciou os traballos de acondicionamento do local que albergará o futuro viveiro de empresas que se destinará a facilitar a posta en marcha de iniciativas sobre todo vinculadas co mar.
A empresa adxudicataria das obras é Prace que conta cun orzamento de execución que ascende a 170.000 euros e un prazo de 4 meses para completar os traballos.
O Concello, en coordinación co Porto e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, impulsan a creación deste viveiro de empresas no Parque Azul de Cantodarea, no interior do recinto portuario. O local é o baixo do inmoble cedido no seu día pola Autoridade Portuaria para o Concello. Na parte superior sitúanse as canchas de baloncesto.
O local está actualmente diáfano, con algunha división interior menor, pero sen uso determinado. O local non ocupa a totalidade da edificación, senón unha metade aproximadamente.
O espazo de demostración ten unha dobre funcionalidade. Por unha banda, servirá como un espazo de escaparate para os produtos das empresas, onde poderán realizar demostracións e elaboracións para fomentar os beneficios de consumir os seus produtos así como mostrar novos produtos; doutra banda, pódese converter nunha aula de formación para as empresas aloxadas nos despachos ou para empresas do porto ou mesmo para empresas alleas ao porto que queiran beneficiarse da contorna no cal se enclava o edificio.
Relacionadas:
-
O novo viveiro de empresas na Zona Franca de Marín, acondicionado e listo para darse a coñecer
Por Redacción |
-
Marín prepárase para poñer en marcha o viveiro de empresas
Por Redacción |
-
AJE renova o seu escaparate dixital
Por Alejandro Vila de la Fuente & Redacción |
-
O Porto de Marín consolida a súa actividade cunha subida no tráfico de mercadorías
Por Redacción |
-
Ultiman a creación dun viveiro de empresas no Porto
Por Redacción |