Pontevedra súmase ás concentracións de apoio á vítima da 'manada de Manresa'
Por Redacción
Varios municipios de Pontevedra, entre eles a capital, sumaranse este luns ás preto de 200 cidades de toda España que sairán á rúa en apoio á vítima da coñecida como a 'manada de Manresa', unha moza de 14 anos que foi violada por quendas por seis mozos durante un botellón.
Organizacións feministas de toda España convocaron concentracións este luns coincidindo co inicio do xuízo na Audiencia Provincial de Barcelona, no que os seis mozos están acusados dun delito de abuso sexual.
No caso de Pontevedra cidade, o acto de protesta está previsto para as 18.00 horas deste luns na Praza de España e conta co apoio do Colectivo Feminista Pontevedra, que mostra o seu "máis absoluta repulsa" á petición da Fiscalía de que se trata dun delito de abuso e non de agresión sexual.
En Marín, a concentración será ás 20.00 horas diante do Concello; en Cuntis, ás 21.00 na Praza das Arbores; en Cambados, ás 21.00 horas ante a Casa do concello; e en Vilagarcía ás 21.00 horas ante o Concello.
O Colectivo Feminista Pontevedra sinala que sempre estarán "ao lado da vítima" e anuncia o seu apoio á concentración, que se anuncia coas palabras atribuídas aos presuntos agresores: "tes 15 minutos, non tardes que me toca a min".
A presunta violación múltiple ocorreu en 2016 en Manresa. Segundo a Fiscalía, os seis acusados actuaron aproveitándose do estado de embriaguez da vítima. Un deles levouna a unha caseta e despois o resto se turnó para violala. Hai un sétimo implicado, un home que presuntamente se masturbaba mentres presenciaba os feitos sen facer nada para protexer á vítima.
Relacionadas:
-
Pontevedra sae á rúa contra a sentenza da Manada de Manresa: "Non é abuso, é violación"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Convocan unha concentración para este luns na Audiencia Provincial contra a sentenza á "Manada de Manresa"
Por Redacción |
-
Pontevedra alza a voz tras o asasinato machista de Vilalba: "Estamos na rúa porque non aturamos máis"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Investigan unha denuncia por agresión sexual a unha menor de Marín
Por Natalia Puga | Creada e actualizada