"Alguien que se atreve a denunciar no es un chivato, es un valiente"
Por Oskar Viéitez
"Alguien que se atreve a denunciar no es un chivato, es un valiente". Así llo explicou este martes a comisaria provincial da Policía Nacional Estíbaliz Palma a 22 alumnos de 6º de primaria do colexio de Marcón no acto de entrega dos carnés de ciberexpertos.
A mensaxe dirixida aos menores é clara, se ves ou es testemuña dalgunha situación de risco na rede, non o dubides, denuncia. E se falamos de acoso e calamos, iso "es un falso compañeirismo" dixo contundente a comisaria Palma, "que no os de corte".
Os escolares abordaron un curso sobre o uso seguro da internet, afrontando problemas como o ciberacoso, grooming, sexting, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a contido inapropiado, xestión da privacidade ou identidade dixital, entre outros.
O delegado de Participación Cidadá da Comisaría, Roberto Carlos Carreira, foi o encargado de impartir un completo programa formativo e resolver todas as súas dúbidas sobre o uso das novas tecnoloxías.
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba xunto á comisaria sensibilizaron aos alumnos no uso responsable da internet e detectar os riscos e problemas que poidan atopar pero sempre desde un punto de vista positivo, é dicir, internet é tamén unha fonte de posibilidades e oportunidades.
Relacionadas:
-
RADIO.- Vas darlle o seu primeiro móbil? Escoita antes 'ConéctaTEC' para a túa seguridade e a do menor
Por Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara con Ethan Wolf: Ser ou non ser (diferente), esa é a cuestión
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
Marín estrea oitenta ciberexpertos
Por Redacción |
-
RADIO.- "Pasamos do quen ben te quere farate chorar ao quen ben te quere deixarate facer o que queiras"
Por Marisa Ciordia |
-
O alumnado do CEIP de Cabanas en Salcedo xa sabe como enfrontarse aos perigos da internet
Por Redacción |
-
15 escolares de Ponte Sampaio xa presumen de ser ciberexpert@s para moverse con seguridade nas redes
Por Victoria Regueira & Anxo Lourido |
-
Ponte Sampaio empeza a formarse para ser un colexio ciberexperto
Por Redacción |
-
A Policía Nacional celebra o seu patrón cun descenso dos delitos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |