O Concello corrixe o erro e volve a licitar a terceira fase das obras do Priorado de Arra
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo licitou a última fase das obras de remodelación da Casa Priorado de Arra cun orzamento de 185,320.11 euros, que serán financiados con cargo ao Plan Concellos bianual da Deputación de Pontevedra.
Un erro na medición obrigou a parar a licitación e facer de novo as medicións para modificar o proxecto e volver sacalo a licitación.
Esta actuación é a terceira fase dun proxecto de reforma integral de maior envergadura. Trátase dunha edificación tradicional na que se realizarán agora obras interiores.
A Casa Priorado ten dúas edificacións independentes que pechan o patio central, que articula todos os espazos da planta baixa. Van acondicionar un local de ensaios, dous locais para asociacións, un terceiro local a modo de almacén, aseos masculinos e femininos, un distribuidor e un alpendre.
Na primeira planta farase unha sala de usos múltiples, un despacho, un almacén e un vestíbulo. Entre as dúas plantas suman unha superficie útil de 480 metros cadrados.
As empresas teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o 30 de maio.
Esta nova actuación no Priorado de Arra permitirá convertelo nun centro sociocultural para uso e goce de todos os veciños, non só do lugar, senón de todo o municipio. Con esta terceira fase, e as dúas anteriormente realizadas, súmase un investimento total de 399.000 euros.
Relacionadas:
-
Comeza a terceira fase das obras de remodelación da Casa Priorado de Arra
Por Redacción |
-
Sanxenxo avanza na remodelación da Casa Priorado de Arra e licita a súa terceira fase
Por Redacción |
-
Sete empresas aspiran a remodelar casa Priorado de Arra
Por Oskar Viéitez |
-
Un erro na medición obriga a volver sacar a licitación o proxecto do Priorado de Arra
Por Oskar Viéitez |
-
Licitan a rehabilitación da Casa Priorado de Arra
Por Redacción |