O PP encarga a Manuel Vázquez o reto de recuperar a Alcaldía de Cuntis
Por Redacción
Manuel Vázquez, o cantante coñecido artisticamente como Manoele de Felisa, é a persoa que, segundo o PP, lidera a "única alternativa" para facer crecer o municipio. Dirixentes populares arrouparon o seu candidato na presentación dunha candidatura que se marca o reto de recuperar a Alcaldía de Cuntis.
Con el, os populares abren unha nova etapa neste concello coa que garanten "traballo, ilusión e propostas serias", segundo destacou o presidente provincial, Alfonso Rueda.
Durante a súa participación nun xantar no que Manuel Vázquez presentou a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio, Rueda destacou a "valentía" do candidato por dar "un paso á fronte" para tentar mellorar a vida dos seus veciños rodeado dun equipo "solvente e preparado para gobernar" desde o primeiro día.
O presidente provincial subliñou o carácter dialogante de Manuel Vázquez e a súa vontade de ter unha boa interlocución co resto das administracións para chegar a acordos e pechar compromisos a favor de Cuntis.
Nunha cita na que tamén participaron Ana Pastor, Román Rodriguez e candidatos populares ás alcaldías da comarca, Manuel Vázquez presentou os nomes que o acompañarán na lista coa que concorrerá ás eleccións municipais, agradecendo ao PP a oportunidade de poder traballar por Cuntis rodeado do mellor equipo.
Cuntis, engadiu, é unha localidade da que é un "apaixonado" e avanzou que "sentimos Cuntis e queremos que estea no lugar que merece", manifestando a súa aposta por potenciar o termalismo, o turismo e as infraestruturas.
A candidatura do PP de Cuntis complétase con Isabel Couselo, Roberto Campos, Salvador Pereira, Margarita Escariz, María José Liñeira, Santiago Touceda, José Manueñ Fuentes, Julia Castro, Ramiro García e María Jesús Ferro.
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda arroupa a Manuel Vázquez e reúnese co PP de Cuntis de cara ás eleccións autonómicas
Por Redacción |
-
Servando Fuentes, histórico militante nacionalista, encabeza a lista do BNG ás vindeiras municipais en Cuntis
Por Redacción |
-
Manuel Campos, orgulloso de cumprir o 100% do seu programa, aspira a repetir mandato
Por Redacción |