Enrique Vaqueiro promete eliminar o IBI dalgunhas fincas se chega á alcaldía
Por Olaya Madrigal
O candidato á alcaldía do PSdeG-PSOE no Concello de A Lama, Enrique Vaqueiro, anunciou na mañá deste mércores a súa intención de suprimir o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) daquelas fincas que non dispoñan de acceso rodado ou servizos básicos, de gañar o seu partido as eleccións do 26 de maio.
Vaqueiro asegura que, dende o partido, teñen lista a modificación da Ordenanza municipal para cambiar unha normativa de Jorge Canda, o actual alcalde do municipio, á que cualificou como "
Quixo recordar que xa levou a pleno unha moción para mudar a ordenanza e que o alcalde e os outros cinco concelleiros do PP votaron a favor de manter o imposto.