Enrique Vaqueiro será o candidato do PSOE á Alcaldía da Lama
Por Redacción
O actual portavoz do PSdeG-PSOE no Concello da Lama, Enrique Vaqueiro, será a próximo cabeza de lista da formación para as eleccións municipais que se celebrarán o próximo maio de 2019.
Segundo explicou, deu o paso como froito dunha decisión "moi meditada". Antes de tomala falou con outros concelleiros e integrantes do partido en xeral, así como con asociacións de todas as parroquias.
O "apoio maioritario" que percibe na rúa e a decisión de la Xunta de Galicia de deixar sen fondos a estrada de Seixido axudáronlle a dar o paso final e tomar unha decisión que sostén que o "eixo transversal" dunha política que "combata o despoboamento" que vive A Lama.
En xeral, son "moitas" as persoas que lle pediron que encabece a lista socialista para as próximas municipais e tamén moitos os que se ofreceron voluntarios para formar parte dela. "Noto un cambio de percepción. A xente quere outra cousa, e outra cousa imos dar", asegurou.