Ciudadanos Pontevedra condena as pintadas ameazantes a Carme da Silva pero rexeita tamén as súas acusacións sen probas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A concelleira María Rey, portavoz de Cidadáns Pontevedra, expresou a súa condena ás pintadas aparecidas esta semana nas que se ameazaba á concelleira do BNG Carme da Silva.
A representante de Cidadáns tamén lamenta que a propia candidata pola provincia do BNG ás eleccións xerais teña achacado sen probas este suceso a "esbirros de Ence" e relacione as pintadas coa defensa dos postos de traballo da empresa pasteira en Pontevedra.
María Rey afirma que tamén hai que condenar a persecución do traballo digno e o intento de humillación dos traballadores de Ence por parte do BNG-PSOE, que gobernan a Deputación de Pontevedra.
No comunicado critica tamén que estas dúas agrupacións políticas non teñan proxecto para o próximos catro anos e que non se fagan propostas industriais nin de dinamización económica para o futuro do municipio.