Novas pintadas en verde, cunha diana e a advertencia 'Atenta' ameazan a Carme da Silva e o BNG

© Nacho Fuentes

© Nacho Fuentes
As pintadas ameazantes que apareceron o pasado mes de marzo fronte ao edificio da concelleira pontevedresa e cabeza de lista do BNG ao Congreso dos Deputados, Carme da Silva, tiveron unha segunda entrega. Este martes apareceron novas mensaxes pintadas en cor verde na parede situada fronte á súa casa na rúa Ponte Boleira. Ao nome da política nacionalista sobre unha diana realizado hai un mes engadiron agora unha nova diana coa mensaxe "Atenta" e un lazo de cor verde debaixo.
Ademais, a poucos metros, na estrada, engadiron outra nova pintada cos mensaxe "BNG Fora" e a mesma diana e o mesmo lazo. Precisamente, eses dous símbolos son os mesmos que apareceron nos últimos días xunto á sede do PSOE e os carteis electorais de Pedro Sánchez, aínda que, no seu caso, os lazos engaden a mensaxe de 'Ence'. Ese símbolo están a utilizalo os traballadores de Ence como "lazo solidario" en defensa da permanencia da fábrica de Ence en Lourizán.
Carme da Silva compareceu este martes ante os medios de comunicación ao pé das pintadas para condenalas e sinalar a quen considera, polo contido das mensaxes, que son os responsables:"Esta mafia, estes esbirros de Ence e esta dereita que opera en Galicia, chámese como se chame, nas súas facetas variadas e nas súas representacións políticas variadas".
Na súa opinión, as pintadas teñen unha finalidade claramente electoral, pois as primeiras apareceron no momento en que se fixo público que era candidata do BNG ao Congreso e as segundas co inicio da campaña electoral. Consideran que se dirixen a ela e eal BNG porque "ten perfectamente claro quen é o seu inimigo político" e tamén que "non queren que o BNG teñan representación nas cortes do Estado".
Ante as ameazas tamén quere deixar moi claro que non os amedentran. "Que teñan moi claro que isto non nos arruga, que nós non nos imos arrugar, que temos claro que Galicia ten que ter presenza forte nas cortes do estado precisamente porque é o BNG quen garante que comportamentos destes se paren", indican.
A cabeza de lista do BNG para as próximas eleccións xerais do 28 de marzo tamén quixo condenar as pintadas realizadas en contra do PSOE:"obviamente, condeno calquera pintada ameazante que apareza a calquera forza política ou a calquera persoa". Ademais, pide ás autoridades que investiguen quen son os autores.
Aínda que teñen moi claros os fins electorais, desde o BNG descartan acudir á Xunta Electoral, como anunciou o PSOE que fará, pois "a xunta electoral entende de cuestións electorais, isto é moitísimo máis grave". Aínda que coincide con campaña e ten obxectivo electoral, considera que "o Estado ten instrumentos para investigar este tipo de cousas máis alá da Xunta Electoral" e que os feitos teñen a gravidade suficiente para que sexa a Fiscalía a que investigue.
Carme da Silva, que compareceu acompañada polos concelleiros do BNG Anabel Gulías e Demetrio Gómez, explicou que en marzo nin denunciaron e non teñen pensado facelo agora, pois consideran que que aquí hai que actuar de oficio "porque é algo que é público, está na vía publica, non espazo público".
A mafia da estrema dereita volve ameazar á nosa compañeira Carme da Silva, candidata ao Congreso o #28A As súas ameazas fannos máis fortes e non lles temos medo. Non imos dar nin paso atrás na defensa de Galiza e dos nosos ideais #EuSonCarmeDaSilva pic.twitter.com/QlSrI1I3dZ
— Ana Pontón (@anaponton) 16 de abril de 2019
Carme da Silva condena as pintadas ameazantes aparecidas no seu domicilio
© BNG
Relacionadas:
-
As "ameazas" á concelleira Carme da Silva chegan ao Parlamento de Galicia nunha pregunta sobre o futuro de Ence
Por Redacción |
-
O BNG pon o foco na xente nova que tivo que emigrar e propón medidas para que regrese "a sacar adiante o país"
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
O BNG nota unha corrente de simpatía que aumenta "cada día", con xente desexosa de "volver dar voz a Galicia en Madrid"
Por Natalia Puga |
-
Ciudadanos Pontevedra condena as pintadas ameazantes a Carme da Silva pero rexeita tamén as súas acusacións sen probas
Por Redacción |
-
Ana Pontón avisa a Ence e o PP que, a pesar das pintadas ameazantes a Carme da Silva, "o BNG non se amedrenta"
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
CC.OO. presentará unha querela contra o PSOE local se non retira as acusacións sobre a autoría das pintadas
Por Nacho Fuentes & Anxo Lourido |
-
Lores no encontro con empresarios da comarca: "pregunteilles se lles ofreceron terreos gratuítos como a Ence"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os comités de empresa de Ence condenan o uso do seu 'lazo solidario' para facer pintadas contra Carme da Silva
Por Redacción |
-
Os socialistas levan á Xunta Electoral o "acoso" aos seus candidatos e os "escraches" contra os seus carteis
Por Oskar Viéitez |
-
Carme da Silva asegura que "non nos van a arrugar" con comportamentos "mafiosos"
Por Alejandro Espiño |
-
Denuncian a aparición de pintadas ameazadoras no domicilio da concelleira Carme da Silva
Por Diego Espiño |