Renovan a capa de rodaxe na travesía da N-640 ao seu paso por Cuntis
Por Oskar Viéitez
A Demarcación de Estradas do Estado está a proceder á mellora da travesía de Cuntis coa renovación da capa de rodaxe nos dous carrís da estrada.
As obras de mellora foran solicitadas en diversas ocasións polo alcalde Manuel Campos á Subdelegación do Goberno.
Esta mellora é vital para a articulación do tráfico na N-640. Este viario ten unha intensidade media de 7.000 vehículos ao día polo que, desde o concello, "consideramos que unha mellora moi importante para os veciños e veciñas de Cuntis", dixo o alcalde.
O goberno municipal está a traballar xa nun proxecto "máis ambicioso" para reformar toda a travesía urbana de Cuntis, incluíndo as zonas peonís, iluminación e mobiliario.