A Policía volve deter o Mad Max pontevedrés
Por Oskar Viéitez
Trátase dun vello coñecido dos axentes da Lei que xa protagonizou soados incidentes como unha espectacular persecución policial por Pontevedra, Marín e Bueu o pasado mes de outubro ou unha máis recente detención por circular de xeito kamikaze a súa moto cunha garrafa de gasolina como depósito.
Este veciño de Pontevedra de 39 anos acumula numerosas condenas por delitos ao volante ou pilotando a súa moto a pesar de que carece de permiso de conducir porque nunca chegou a obtelo.
Nesta ocasión ás 19:15 horas do pasado mércores día 5 a Policía Local de Pontevedra tiña montado un control de tráfico á altura da rotonda da rúa Manuel del Palacio cando un dos axentes o descobre conducindo un Opel Corsa pola avenida de Marín.
Polo que lle bloquean o paso cruzándolle un coche patrulla ao chegar á rúa San Roque. Impútaselle un delito contra a seguridade do tráfico.
Este luns ás 10:20 celebrarase o xuízo rápido por estes feitos.
Relacionadas:
-
Impoñen 45 días de traballos sociais ao Mad Max pontevedrés por conducir sen carné
Por Natalia Puga |
-
Deteñen un motorista kamikaze que circulaba sen permiso e cunha garrafa de gasolina como depósito
Por Redacción |
-
Detido o condutor dunha espectacular persecución policial por Pontevedra, Marín e Bueu
Por Natalia Puga |