VÍDEO.- Os do Val do Lérez, Equipo Ja, Os arrombados, Murga PTV e Jana de Leria, á gran final das Murgas

© Diego Torrado

© Diego Torrado
Cinco agrupacións enfrontaranse na noite deste xoves para gañar a final do Concurso de Charangas que se celebra no Pazo da Cultura.
Os do Val do Lérez, Equipo Ja, Os arrombados, Murga PTV e Jana de Leria lograron clasificarse tras as votacións realizadas tras as dúas semifinais, celebradas o luns e este mércores.
Na segunda semifinal volvía encherse o auditorio do Pazo coa participación de seis grupos: Os Arrumbados, PTV-Made in China, Sin barreras, Jana de Leria, A tropa da Moncha a Caralla e El ataque de los drones. Os seus integrantes non tiveron reparo en utilizar o seu mellor humor para arremeter contra os diferentes partidos da corporación de Pontevedra. As distintas agrupacións tamén dedicaron as súas coplas á igualdade, con reivindicacións feministas. E por primeira vez, a asociación Méndez Núñez presentaba unha charanga a este concurso. Co nome de 'Sen Barreira', os compoñentes reclamaron a súa integración social desde o escenario.
A final deste xoves comezará ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. A entrada é libre.
Segunda semifinal do Concurso de Murgas 2019
Participaron nesta semifinal: Os Arrumbados, PTV-Made in China, Sin barreras, Jana de Leria, A tropa da Moncha a Caralla e El ataque de los drones.
© Diego Torrado
Segunda semifinal do Concurso de Murgas 2019
Participaron Os Arrumbados, PTV-Made in China, Sin barreras, Jana de Leria, A tropa da Moncha a Caralla e El ataque de los drones.
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: María Carrera, actriz 'Valiente' con e sen escenario
Por Marisa Ciordia |
-
As murgas amenizan a sesión vermú na recta final do Entroido de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Por terceiro ano consecutivo, Os do Val do Lérez vencen na final de Murgas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
VÍDEO.- O humor sarcástico asalta a primeira semifinal do Concurso de Murgas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Un reivindicativo Ravachol ponse en pé para unirse á "revolta feminista" do 8M
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Así será o reparto dos 11 grupos participantes no XXVIII Concurso de Murgas
Por Redacción |