VÍDEO.- O humor sarcástico asalta a primeira semifinal do Concurso de Murgas
Por Diego Torrado & Redacción
Moito humor, moita crítica e moi bo ambiente. A noite deste luns no Pazo da Cultura volveu ser unha festa da ironía coa primeira semifinal do Concurso de Murgas, que encheu de público o auditorio pontevedrés.
Cinco agrupacións enfrontáronse no escenario nunha sesión presentada, un ano máis, por María Carrera. Los de Soremay, Os de Noalla, Os do Val do Lérez, Equipo Ja e Leña Verde musicalizaron letras sobre a situación das pensións, da sanidade pública e o proxecto do Gran Montecelo, sobre o plan de compostaxe ou as rivalidades entre Vigo e Pontevedra a través dos seus alcaldes, Abel Caballero e Miguel Anxo Fernández Lores.
Este martes celebrarase a Noite Pirata no centro histórico e será este mércores 6, xornada festiva, cando se celebre a segunda semifinal a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura. Nesta ocasión participarán seis agrupacións: Os Arrumbados, PTV Made in China, Sin Barreras, Jana de Leria, A tropa da Mocha a Caralla e a Murga de Naveiro.
Os grupos que se clasifiquen para a gran final terán unha nova cita no mesmo escenario o xoves. Está prevista a instalación dunha pantalla para que os espectadores que non poidan obter unha butaca no auditorio poidan seguir as actuacións desde o vestíbulo do Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
A pontevedresa María Carrera representa en Madrid 'Valiente', que conta unha dura experiencia persoal
Por Redacción |
-
As murgas amenizan a sesión vermú na recta final do Entroido de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Por terceiro ano consecutivo, Os do Val do Lérez vencen na final de Murgas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Doce agrupacións participarán este venres na Mostra da Parodia
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Os do Val do Lérez, Equipo Ja, Os arrombados, Murga PTV e Jana de Leria, á gran final das Murgas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Entroido chega a Campañó coa súa tradicional Corrida da Rosca
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O temporal frustra o desembarco pirata en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Os aprendices de pirata resgárdanse da choiva no Recinto Feiral
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Un reivindicativo Ravachol ponse en pé para unirse á "revolta feminista" do 8M
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Cidadáns propón instalar unha pantalla para poder seguir o Certame de Murgas
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Unha exhibición de habilidades físicas inaugura os actos do 30 aniversario do Centro Méndez Núñez
Por Redacción & Mónica Patxot |