O Goberno entrega 318 toneladas de alimentos á Cruz Vermella para repartir nos comedores sociais
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou este venres o almacén da Cruz Vermella dende os que vanse distribuír as 318 toneladas de alimentos de primeira necesidade que o Goberno entregou a esta entidade social para as persoas máis desfavorecidas da provincia.
Na visita foi recibida pola presidenta de Cruz Vermella, María Teresa Álvarez Quicler; a secretaria provincial, María Jesús Fernández Cortegoso; a responsable comunicación, María Durán Amoedo e a responsable do proxecto, Berta Segovia Cobreros, amais do xefe da dependencia de Agricultura, Javier Seoane.
As responsables da entidade social informaron á subdelegada do Goberno que as 318 toneladas recibidas vanse distribuír entre 37 concellos da provincia e outras 31 entidades sociais que se ocupan de comedores e de axudas as familias de xeito directo. En total, chegan a máis de 12.500 persoas en toda a provincia. Ademais a Fundación banco de Alimentos, recibiu tamén a mesma cantidade de produtos para distribuír no Sur da provincia.
Maica Larriba explicou que estas axudas son paquetes de 14 produtos básicos que inclúen arroz, cereais infantís, leite de continuación, fabas, leite enteiro, cacao soluble, conservas de atún, macarróns, tomate frito, xudías verdes, froita en conserva e tarriños infantís de polo e froitas.
Estes produtos dunha cesta básica son adquiridos polo Fondo de Garantía Agraria (FEGA), dependente do Ministerio de Agricultura, e distribuídos a través da Fundación Banco de Alimentos e as distintas asembleas locais de Cruz Vermella. Estas dúas entidades á súa vez xestionan as entregas a comedores sociais, concellos e diversas entidades sociais.
Por último, a subdelegada subliñou que realízanse tres entregas de subministración anuais que se reparten ao 50 por cento entre Cruz Vermella e Banco de Alimentos. Unha primeira en xuño que en Pontevedra representou 487 toneladas por un valor de 360.000 euros. A segunda entrega produciuse en setembro e foi de 661 toneladas por valor de case 600.000 euros. A terceira entrega anual produciuse ao longo da semana pasada e foi dun total de 636 toneladas que se repartirán ao cincuenta por cento entre Cruz Vermella e a Fundación do Banco de Alimentos.
Relacionadas:
-
A Cruz Vermella recibe 212 toneladas de alimentos do Ministerio de Agricultura para repartir na provincia
Por Redacción |
-
O Programa de Axudas Alimentarias do Goberno repartirá 1,7 millóns de quilos en Pontevedra nun ano
Por Redacción |
-
Cruz Vermella distribuirá alimentos entre 2.652 persoas en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos repartiu en Pontevedra máis de 255.000 quilos de comida durante 2018
Por Redacción |
-
Cruz Vermella lanza unha campaña para promover o voluntariado
Por Oskar Viéitez |
-
260 persoas atoparon traballo en Pontevedra durante 2018 grazas á Cruz Vermella
Por Redacción |