Os populares piden ao BNG que esixa a dimisión de Carmela Silva
Por Oskar Viéitez
Os deputados do grupo provincial do Partido Popular compareceron este xoves en rolda de prensa para esixir a dimisión da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e instaron ao BNG a que esixa responsabilidades políticas aos seus socios de goberno.
A portavoz popular, Elena Muñoz, valorou como un "hecho gravísimo" a sentenza "absolutamente demoledora" da sección quinta da Audiencia de Pontevedra que condenou a cinco anos e tres meses de cárcere a un alto funcionario do Concello de Vigo por promover a adxudicación irregular de varios contratos á concesionaria municipal Imesapi para pagarlle un salario "no a cualquier persona sino a la cuñada de la teniente de alcalde Carmela Silva".
Os populares aseguran que "ya no nos valen las explicaciones de la presidenta" agora queren "que tome decisiones políticas". Ademais Elena Muñoz reprochou que Carmela Silva "trate de lavarse las manos haciéndose parecer inocente de todo lo que ha ocurrido" cando ela é, na súa opinión, "culpable politicamente".
"Insulta a la inteligencia de todos cuando habla de conspiraciones del Partido Popular" ha engadido Elena Muñoz cando "aquí los únicos que conspiraron para delatar un delito fueron sus propios compañeros del Partido Socialista y el secretario general de los socialistas gallegos", segundo indicou a portavoz popular .
"Da vergüenza ajena tener una responsable política" que "no actúa con humildad" senón con "chulería" no canto de "pedirle perdón" a toda a cidadanía e dimitir, dixo a portavoz do PP. A mesma responsabilidade que reclamou do concelleiro vigués e deputado Santos Héctor.
Para o PP o goberno da Deputación de Pontevedra está "manchado gravemente" polo que o goberno bipartito PSOE e BNG "no puede querer mirar para otro lado".
"Quien ha traído la podredumbre a la Diputación de Pontevedra y a su gobierno se llama Carmela Silva Rego", manifestou a portavoz do PP que se pregunta "¿dónde está o Bloque Nacionalista Galego?" e acúsalles de "con tal de mantenerse en el gobierno de la Diputación ampara las conductas que se han producido".
Finalmente, o Partido Popular ha anunciado que trasladará este asunto ao próximo Pleno da Deputación e insta ao BNG a que pida responsabilidades aos seus socios de goberno "en vez de estar callado".
"Es vergonzoso ver cómo para mantenerse en el gobierno todo les vale", dixo en referencia ao grupo nacionalista.
Relacionadas:
-
O PP pide a dimisión de Carmela Silva de todos os seus cargos "por responsabilidade política, por ética e por dignidade"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Carmela Silva denuncia a "estratexia de difamación" ideada polo PP
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide no pleno da Deputación que Carmela Silva explique o suposto "enchufe" da súa cuñada
Por Oskar Viéitez |