Moraña solicita á Xunta unha unidade pública de alzhéimer
Por Redacción
A conselleira de Política Social, Fabiola García, amosou a súa dispoñibilidade a estudar a proposta de que se poña en marcha unha unidade de alzhéimer con prazas públicas en Moraña que lle trasladou este mércores a alcaldesa deste municipio, María Luisa Piñeiro. Fíxoo tras manter un encontro de traballo con esta rexedora co obxecto de repasar os recursos de índole social que hai á disposición da veciñanza.
Fabiola García reiteroulle o compromiso do Executivo autonómico coas persoas de máis idade, tamén en Moraña, e citou como mostra o incremento de máis do 48% das horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) postas a disposición deste concello, ata superar as 13.300 horas anuais.
Este reforzo permite que na actualidade teñan coidados profesionais nos seus domicilios unha vintena de persoas e que se reducira considerablemente a lista de agarda.