Así é o proxecto de reforma da Praza da Castaña
Por Redacción
Os integrantes da comisión de Mobilidades, Integrantes, Obras e Servizos coñecerán este martes 29 o proxecto de reforma da Praza da Castaña, que propón o goberno local.
Desde o grupo de goberno indícase que se trata dunha alternativa sinxela que busca "devolver a vida veciñal" a este espazo. A obra inclúese dentro da remodelación da rúa Cruz Vermella, que se atopa na súa fase final e na que se se investiron case 1,2 millóns de euros.
O orzamento de reforma da Praza da Castaña supera os 61.000 euros. A intención do goberno de Fernández Lores é demoler a estrutura de pedra e terra natural, que fora obxecto de críticas no seu momento, para cambiala por mobiliario urbano. A idea é crear unha zona de encontro e, ao mesmo tempo, permitir o acceso aos vehículos que contan con garaxe nos edificios lindeiros.
Tamén está previsto que se plante unha árbore que proporcione sombra. As obras iniciáronse nos últimos días coa retirada da estrutura de pedra.
A outra mellora prevista no proxecto desta contorna será a reforma da beirarrúa de Padre Gaite, situada nas proximidades do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Relacionadas:
-
O asfaltado da rúa Padre Gaite será na xornada festiva do mércores
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra pide que un castiñeiro presida a Praza da Castaña
Por Redacción |
-
Marea critica a falta de información á veciñanza sobre a reforma da praza da Castaña
Por Redacción |
-
A nova Praza da Castaña comeza a tomar forma
Por Redacción |
-
A reforma da Praza da Castaña eliminará o parterre elevado
Por Alejandro Espiño |