Marea Pontevedra pide que un castiñeiro presida a Praza da Castaña
Por Redacción
O voceiro e candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, e a número dous desta formación para as municipais, Teresa Casal, visitaron este mércores as obras de reforma da Praza da Castaña saíndo ao paso do malestar veciñal detectado pola falta de información.
Da man do tamén candidato Xosé Luís Vidal Laiño, mantiveron un encontro coa veciñanza da rúa Cruz Vermella para compartir os planos da futura praza. Lembraron que esta actuación, ao igual que a reforma da rúa, forma parte das propostas que Marea Pontevedra incluíu no orzamento para o ano 2018 do Concello de Pontevedra.
Segundo recolleu Marea Pontevedra, durante o encontro a veciñanza fixo suxestións como "recuperar este espazo como a zona de lecer que foi no seu día, antes da instalación do céspede elevado que facía de pipican ".
Outra proposta, que Marea asume de xeito directo, é a prantación dun castiñeiro como árbore central, rodeado por un banco que permita disfrutar da sombra no verán.
Ademais, por motivos de seguridade e comodidade, tamén solicitaron unha boa iluminación e que se resolvan os problemas de drenaxe para evitar as inundacións que padecen todos os anos.
Relacionadas:
-
Así é o proxecto de reforma da Praza da Castaña
Por Redacción |
-
Marea critica a falta de información á veciñanza sobre a reforma da praza da Castaña
Por Redacción |
-
A nova Praza da Castaña comeza a tomar forma
Por Redacción |
-
A reforma da Praza da Castaña eliminará o parterre elevado
Por Alejandro Espiño |