Marea critica a falta de información á veciñanza sobre a reforma da praza da Castaña
Por Redacción
O grupo municipal de Marea Pontevedra fíxose eco este sábado da "preocupación" da veciñanza da rúa Cruz Vermella pola "falta de información" por parte do Concello en relación coa reforma da Praza da Castaña, que está actualmente en obras. Segundo denuncian "nin a oposición nin as veciñas coñecen o proxecto nin as intencións do goberno do BNG".
Marea lembra que a histórica Praza da Castaña xa foi baleirada de árbores e padeceu a instalación dun céspede elevado "de nula utilidade" por "decisión unilateral do goberno" e insiste en que agora volve a estar en reformas e, "de novo, o descoñecemento da obra é total".
O fundador da Federación de Veciños Castelao, veciño e candidato nas listas de Marea Pontevedra Xosé Luís Vidal Laíño alégrase de que por fin retiren o céspede que había nos últimos tempos, que define como "porcallada de pipican que secuestrou un dos espazos común que tiñamos para disfrutar no noso tempo de lecer", pero non da maneira en que se está a facer.
Ademais, lembra que Marea Pontevedra logrou arrincar o acordo de recuperar este espazo e que "sempre defendeu, desde o seu nacemento, a recuperación de este espazo" ao tempo que lamenta a falta de diálogo e "unha vez máis, non saber que van facer".
Relacionadas:
-
O asfaltado da rúa Padre Gaite será na xornada festiva do mércores
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra pide que un castiñeiro presida a Praza da Castaña
Por Redacción |
-
Así é o proxecto de reforma da Praza da Castaña
Por Redacción |
-
A nova Praza da Castaña comeza a tomar forma
Por Redacción |
-
A reforma da Praza da Castaña eliminará o parterre elevado
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma de Cruz Vermella estará rematada no primeiro trimestre de 2019
Por Redacción |