O asfaltado da rúa Padre Gaite será na xornada festiva do mércores
Por Redacción
A reforma da rúa Cruz Vermella e de toda a contorna remata esta semana co asfaltado de Padre Gaite. O goberno local anuncia que se completou a actuación nas beirarrúas e a mellora do asfalto ampliarase ás cabeceiras de Fernando Olmedo e de Perfecto Feijoo.
Estes traballos de mellora do firme acometeranse o vindeiro mércores 6, día festivo local, entre as 08.30 e as 20.00 horas.
A Policía Local ten previsto que se estableza un sistema de circulación de tráfico restrinxido. Desta forma, os axentes só permitirán a entrada e saída aos garaxes da zona, que sempre se terá que realizar baixo a supervisión dos operarios da obra.
O acceso e saída de garaxes farase polas seguintes rúas:
- De Padre Gaite, pola avenida de Bos Aires.
- De Fernando Olmedo, será por Casimiro Gómez.
- De Perfecto Feijoo, pola praza de Barcelos.
No caso de que durante esa xornada, a empresa non consiga finalizar estas obras, os traballos continuarán o 7 de marzo no entroncamento coa rúa Fernando Olmedo. Neste suposto, quedaría pechada ao tráfico entre as 09.30 e as 13.30 horas. Igual que na xornada anterior, o acceso aos garaxes e a actividade de carga e descarga realizarase desde Casimiro Gómez.
Esta obra inclúese como unha das melloras dentro do proxecto de remodelación de Cruz Vermella, do mesmo xeito que a reforma da praza da Castaña, cun custo de 93.229 e 61.229 euros respectivamente.
A empresa que realiza as obras en Cruz Vermella é Covsa por un importe de 1.186.284 euros.
Relacionadas:
-
O asfaltado de Padre Gaite completa a reforma da rúa Cruz Vermella
Por Redacción |
-
Haberá máis espazo para os peóns no cruzamento de Fernando Olmedo con Pai Gaite
Por Alejandro Espiño |
-
Así é o proxecto de reforma da Praza da Castaña
Por Redacción |
-
Marea critica a falta de información á veciñanza sobre a reforma da praza da Castaña
Por Redacción |