Novos deseñadores de moda e xoias amosarán as súas coleccións na #BarroFashión Solidario 2019
Por Redacción
Chega unha nova edición do #BarroFashion Solidario, dentro do sétimo Nadal Solidario que organiza a asociación Amigos da Fervenza da Barosa.
Nesta ocasión, o desfile vai celebrarse no recinto do Pazo da Crega a partir das 21.00 horas do sábado 26 de xaneiro cunha mostra de traballos de novos deseñadores de moda e de xoias, que se sumarán ás propostas de establecementos de Barro e da comarca que habitualmente colaboran nesta iniciativa que ten como obxectivo axudar a familias que se atopan nunha situación económica complicada. Nesta cita non faltarán actuacións de artistas multidisciplinares e música en vivo.
A entrada é gratuíta pero se solicita a entrega dun quilo ou dun litro de alimentos non perecedoiros. Todo o que se recade será posteriormente trasladado aos servizos sociais do Concello de Barro para que se faga a repartición correspondente entre diversas familias do municipio.
Relacionadas:
-
Media tonelada de alimentos, recollidos no desfile solidario #BarroFashion
Por Redacción |
-
Todo listo para un novo #BarroFashion solidario
Por Redacción |
-
6.000 euros para que Cáritas siga axudando ás persoas máis desfavorecidas
Por Redacción |
-
Cruz Vermella Pontevedra distribúe máis de 281.000 quilos de alimentos entre as familias desfavorecidas da bisbarra
Por Redacción |