Todo listo para un novo #BarroFashion solidario
Por Redacción
A Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa xa ten todo listo para a nova edición do desfile de moda #BarroFashión Solidario 2019, que se celebrará no Pazo da Crega de Barro a partir das 21.00 horas deste sábado 26 de xaneiro.
Esta nova edición repite fins solidarios e márcase o obxectivo de recadar alimentos para os servizos sociais do Concello de Barro, de modo que o acceso ao recinto será gratuíto a cambio dun quilo ou litro de alimentos.
A cita reunirá a deseñadores novos e a outros xa consolidados en moda e en xoiería e teñen presenza confirmada negocios e deseñadores de moda de Barro, da comarca de Pontevedra e de localidades de Vigo e Coruña.
Desde Barro participarán as tendas D´Noa e Kukubara e os deseños de Patricia Maquieira. A representación da comarca de Pontevedra corresponderá aos tocados de MeryPuch, as paxarelas de Colibrí Colibrí, a roupa de nenos de Nene´s que chega desde Bueu, e a tenda de Cuntis Mi Vestidor Azul.
A xoiería de autor terá un valor especial, promocionada desde a Escola de Xoiería Técnica do Atlántico, ademais das deseñadoras Lorena González (Loló Deseños), Alexandra Vázquez Xoiería de Autor, ou Liliana Rodríguez con Xoiart Xoias.
Desde Vigo chegarán os deseños de Faldaguas, de Ana My Rede Moon e Miriam Coedo Fashion Kids & Mums, que presentarán coleccións de moda arriscadas e distintas. Ademais, haberá dous pases da tenda Emma & Co da Coruña.
O estilismo vai correr a cargo de Isa Nails & Beauty de Moraña e a Peluquería Low Cost de Pontevedra, realizará os peiteados de todos os modelos participantes do evento que xestiona a axencia MyH Fashion Models de Vigo.
O evento contará tamén con artistas multidisciplinares, encabezados por Nana Riva, profesora e coreógrafa de danzas urbanas, e haberá música en directo con Fran de Universe DJ e o seu show multimedia.
Relacionadas:
-
Media tonelada de alimentos, recollidos no desfile solidario #BarroFashion
Por Redacción |
-
Novos deseñadores de moda e xoias amosarán as súas coleccións na #BarroFashión Solidario 2019
Por Redacción |
-
O desfile #BarroFashion Solidario pechará o sexto Nadal Solidario
Por Redacción |
-
Moda e solidariedade daranse cita nun desfile en Barro en favor de Oncomet
Por Redacción |
-
Moda, arte e música únense en Barro por un fin solidario
Por Redacción |
-
#BarroFashion summer 2016, unha cita para loitar contra o cancro infantil
Por Redacción |