6.000 euros para que Cáritas siga axudando ás persoas máis desfavorecidas
Por Redacción
A deputada Ana Isabel Vázquez recibiu este luns 13 a responsable de Cáritas Interparroquial de Pontevedra, María Jesús Prieto, para entregarlle a acta presidencial polo que a Deputación lle concede unha axuda de 6.000 euros para contribuír ao seu traballo social.
A responsable de Cáritas cualificou de fundamental esta axuda para atender as necesidades das familias con dificultades sobre todo para a compra de cueiros, calzado, sacos de durmir e mochilas para os transeúntes.
A deputada provincial destacou o labor que desenvolve Cáritas Interparroquial e gabou o compromiso social que realiza co fin de apoiar a mellora na calidade de vida de miles de persoas na provincia e en Galicia.
Durante 2014, Cáritas Interparroquial de Pontevedra atendeu a preto de 4.200 persoas no seu centro e máis de 700 persoas sen fogar buscaron un teito no que pasar a noite no albergue de Monte Porreiro. Segundo esta entidade, máis de 2.000 acoden anualmente ao roupeiro que Cáritas ten para solicitar roupa e calzado co que atender a máis de 6.000 persoas.