Os socialistas lamentan que Cerdedo-Cotobade perdera preto de 300 habitantes dende a fusión
Por Oskar Viéitez
O Instituto Nacional de Estatística ven de publicar os datos do padrón municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade con 5.815 habitantes que reflicten unha caída poboacional de preto de 300 persoas, polo que os socialistas sinalan que o principal obxectivo da fusión destes dous concellos "non se cumple".
A voceira do grupo municipal do PSdeG, Lina Garrido indicou que o Concello de Cerdedo- Cotobade nacía hai dous anos "froito dunha fusión imposta e obligada pola Xunta" e que un dos obxectivos desta fusión era "parar a sangría demográfica" e incentivar económicamente ao novo municipio cunhas liñas de subvencións tendentes a mellorar a vida dos cidadáns.
Lina Garrido afirma que de seguir con esta tendencia de pérdida de poboación "en apenas 5 anos estaremos por debaixo dos 5.000" coas consecuencias que iso supón: "menos orzamento e un amplísimo territorio para xestionar, cunha gran dispersión xeográfica, difíciles comunicacións, coa falta dun núcleo urbano diferenciado e duplicidades en todas as actuacións".
Desde a oposición critican a "improvisación" do programa político do goberno municipal, que "apenas contempla medidas para establecer poboación e se as contempla os datos acaban de demostrar que son estériles e insuficientes".