Xa veñen os Reis Magos!
Por Mónica Patxot
"Queridos nenos, fostes bos? ", preguntaba o rei Melchor dende o balcón do Pazo de Mugartegui a unha multitude de pequenos que acudía á recepción real. Un a un os máis baixiños de cada casa foron respondendo a esta pregunta ante as súas Maxestades.
Os Reis Magos cabalgaron este sábado ata a cidade do Lérez cargados de bonecos, balóns, tabletas e xogos de mesa. Logo de recoller as cartas no buzón do Concello foron recibidos polo alcalde cunha afectuosa aperta.
Na Praza da Pedreira unha longa fila de pais e nenos agardaba para acceder ao Pazo de Mugartegui para ver os Reis Magos sentados nos seus tronos.
Centos de familias acudiron á 'recepción oficial' amenizada por contos, malabaristas, magos, acróbatas, pallasos e outros personaxes.