Os coches clásicos, novidade na concurrida Cabalgata de Reis de Ponte Caldelas
Por Redacción
O municipio de Ponte Caldelas celebrou este venres a súa Cabalgata de Reis cun gran éxito de asistencia de público. O bo tempo e o aliciente da introdución este ano dunha comitiva de vehículos clásicos, pertencentes ao Club AVA de Pontevedra, animaron á participación.
A Cabalgata partiu pasadas as 18.30 e percorreu o centro do pobo para rematar na renovada praza de España, onde o fin de festa celebrouse na gran carpa instalada polo Concello. Os Reis Magos recibiron alí aos nenos e deron paso a unha tarde con animación musical. Ademais, serviuse chocolate quente con rosca de xeito gratuíto.
A Cabalgata, organizada en colaboración entre a asociación de comerciantes Coempo e o Concello, contou con catro carrozas, unha delas con motivos de Disney.