Os petróglifos de Ponte Caldelas completan a iluminación de Nadal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A imaxe dunha estela da Laxe das Cruces e da Pedra do Cervo. É a derradeira incorporación que fai Ponte Caldelas á súa iluminación de Nadal que, este ano, non se limita aos arcos, bandeirolas, árbores e bolas tan típicos destas datas.
Os ornamentos foron fabricados pola empresa especializada Electromiño a partir dos deseños enviados polo Concello, que viña barallando esta idea dende o ano pasado. Os petróglifos quedaron representados en dous paneis luminosos, feitos con tecnoloxía LED, e foron instalados no balcón da Casa Consistorial.
Ponte Caldelas convértese así no primeiro concello en incorporar formalmente o seu propio patrimonio rupestre á iluminación de Nadal, unha idea plasmada este primeiro ano deste xeito, pero que non se descarta potenciar no futuro diante da beleza e singularidade destes elementos patrimoniais tan representativos da paisaxe caldelá.
O Concello xa incorporara hai algúns días unha bola de iluminación na renovada praza de España, aproveitando o remate das obras do pavimento do novo espazo de convivencia que preside o centro da vila.
O alumeado de Nadal de Ponte Caldelas foi acendido formalmente o pasado día 1 coa colocación de medio cento de arcos luminosos, bandeirolas sobre farois e unha árbore de luz branca na praza do Bispo.
A este despregamento únense agora estas últimas incorporacións. En total, hai máis de 1.000 puntos de luz repartidos pola práctica totalidade das rúas do centro urbano.
Relacionadas:
-
Unha carpa na Praza de España recibirá aos Reis Magos en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Un adorno luminoso completa a decoración do Nadal en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas mantén a festa de Noitevella na praza de España
Por Redacción |
-
Ningún neno de Ponte Caldelas sen agasallo
Por Redacción |