Un adorno luminoso completa a decoración do Nadal en Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas colocou onte un adorno luminoso na praza de España, para conmemorar o remate da fase de pavimentación nas obras do maior espazo urbano do municipio.
A medida, que xa estaba contemplada dentro da iluminación deste ano, quedara condicionada unicamente ao remate dos traballos do firme neste ámbito.
O ornamento de Nadal espertou un grande interese e xa foron bastantes as persoas que aproveitaron para tomar fotografías de lembranza destas festas na vila do Verdugo.
O Concello tamén colocou iluminación en forma de árbores nas dúas grandes rotondas de entrada ao centro urbano, as de Cuñas e Pazos. Así como engalanou a escultura da troita, que xa está recolocada no marco das obras da praza de España, cun gorro de Papá Noel.
Relacionadas:
-
Unha carpa na Praza de España recibirá aos Reis Magos en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Os petróglifos de Ponte Caldelas completan a iluminación de Nadal
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas mantén a festa de Noitevella na praza de España
Por Redacción |
-
Ningún neno de Ponte Caldelas sen agasallo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas prende a súa iluminación de Nadal
Por Redacción |