Ningún neno de Ponte Caldelas sen agasallo
Por Redacción
Os servizos sociais do Concello de Ponte Caldelas impulsan unha campaña destinada aos nenos das familias máis vulnerables para que ningún deles quede sen agasallo polo Nadal. A día de hoxe xa están a participar 51 rapaces pertencentes a 26 familias vulnerables.
A campaña está dirixida aos menores de idade e fai un esforzo inclusivo a prol das familias coas que veñen traballando habitualmente os servizos sociais comunitarios, aínda que está aberta ás solicitudes que se presenten. O único requisito é cumprir o baremo de emerxencia social acreditando a situación socioeconómica. As familias interesadas poden aínda presentar as súas solicitudes ata o próximo venres.
"Ningún neno/a sen agasallo" é o nome desta campaña que consiste no reparto ás familias de cheques de compra por valor de 50 euros por menor. Os cheques só son válidos para a compra de xoguetes, roupa, libros ou produtos de coidado persoal. Ademais esíxese que deben empregarse no comercio local, no que, gracias á colaboración da asociación Coempo, foron seleccionados 12 establecementos especializados.
A novidade deste ano é que o Concello deixa de asumir a compra dos agasallos e dálle todo o protagonismo ás familias, que pasan a ser as encargadas de todo o proceso de decisión e compra.
A intención, recalcan dende o goberno local, é "reforzar o vínculo familiar, afastarse do papel asistencialista da administración local e apostar por un enfoque centrado no traballo comunitario".
Relacionadas:
-
Os petróglifos de Ponte Caldelas completan a iluminación de Nadal
Por Redacción |
-
Un adorno luminoso completa a decoración do Nadal en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas presume de municipio no seu calendario para 2019
Por Redacción |
-
O "Decembro Solidario" de Ponte Caldelas acolle o teatro musical de Os Catro Ventos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas mantén a festa de Noitevella na praza de España
Por Redacción |