Haberá cortes puntuais de tráfico pola San Silvestre en Pontevedra
Por Redacción
A celebración, o día de Fin de Ano, da tradicional carreira de San Silvestre provocará pequenas alteracións no tráfico da cidade. Con todo, non será unha proba que provoque importantes restricións, segundo avanza a Policía Local, e nas zonas máis afectadas tan só se limitará o tráfico rodado arredor duns dez minutos.
A carreira comezará ás 17.00 horas do luns 31 de decembro, con saída e chegada na avenida de Montero Ríos.
O circuito estará pechado ao tráfico durante a carreira.
Na súa trixésimo quinta edición, a carreira verá reducido lixeiramente o seu percorrido. Esta modificación está provocada polas obras na contorna da rúa Cruz Vermella, que impedirá o paso dos corredores.
O percorrido, tras saír de Montero Ríos e pasar pola praza de España, xirará cara Alameda e atravesará posteriormente Raíña Vitoria, Xeneral Rubín, o paseo cuberto do Gafos, praza da Constitución, praza de Galicia, Andrés Mellado, Peregrina, García Camba, Oliva, Riestra e de novo á praza de España.
A continuación a carreira seguirá por Michelena, praza da Peregrina, García Camba, Oliva, Riestra, praza de España, Ferrería, Curros Enríquez, Real, Sarmiento, Pai Amoedo, Serra, García Escudero, Ponte, San Telmo, praza do Peirao, Arcebispo Malvar, Pardo Bazán, Concepción Arenal, Martitegui, Prudencio Landín, praza de España e Montero Ríos.
Esta proba deportiva non implicará restricións de estacionamentos, se ben os vehículos que se atopen estacionados no percorrido non poderán moverse ata o seu remate.
Os cortes de tráfico serán puntuais, de tal xeito que ao paso da carreira se restablecerá o tráfico. Ademais, ao iniciarse o percorrido polas rúas de máis intensidade (Praza Galicia, Raíña Vitoria e Alameda), se poderá restablecer o tráfico en toda a zona en menos de dez minutos.
A proba ten unha duración aproximada dunha hora.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- 35 anos correndo e crecendo. A San Silvestre supérase a si mesma con máis de 7.000 atletas
Por Ramiro Espiño & Diego Espiño |
-
Unha San Silvestre "polas que non poden correr con nós"
Por Redacción |
-
A San Silvestre de Pontevedra, obxectivo 7.000 corredores
Por Alejandro Espiño |
-
A San Silvestre entrega os primeiros dorsais e inicia a súa conta atrás
Por Redacción |
-
Xa está aquí a San Silvestre, con inscricións a partir do 17 de decembro
Por Redacción |