A San Silvestre entrega os primeiros dorsais e inicia a súa conta atrás
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica abriu este luns o prazo de inscrición para a proba deportiva máis popular do ano, a San Silvestre coa que se despedirá unha vez máis o ano o próximo 31 de decembro.
Fíxoo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) tras un cambio de última hora. Alí atenderán aos deportistas ata o día 21 de decembro (de 17:00 a 19:30 horas) e alí empezáronse a repartir os dorsais da que será a XXXV edición da carreira, na que se espera superar de novo a cifra dos 6.000 deportistas.
Desde o 22 de decembro a organización habilitará o posto para anotarse no lugar habitual nos últimos anos, a Casa da Luz, en horario de 17:00 a 19:30 horas ata o día 28. Despois, os días 28 e 29 de decembro, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, mentres que o 30 e 31 de decembro o horario será entre as 10:00 e as 13:30 horas.
A inscrición segue a ser de balde, como en anteriores ocasións, aínda que a Gimnástica solicita a achega voluntaria de 1 euros por persoa para sufragar os gastos do evento.
A San Silvestre de Pontevedra repetirá ademais por segundo ano cun percorrido aproximado de 5.000 metros con saída na Avenida Montero Ríos e ruta polas rúas do centro da cidade.
Relacionadas:
-
Unha San Silvestre "polas que non poden correr con nós"
Por Redacción |
-
Haberá cortes puntuais de tráfico pola San Silvestre en Pontevedra
Por Redacción |
-
A San Silvestre de Pontevedra, obxectivo 7.000 corredores
Por Alejandro Espiño |
-
Xa está aquí a San Silvestre, con inscricións a partir do 17 de decembro
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A San Silvestre volve bater récords, con 6.450 corredores
Por Redacción & Diego Torrado |