Unha San Silvestre "polas que non poden correr con nós"
Por Redacción
Polas que xa non poden correr con nós. É o lema da proposta que fai o Colectivo Feminista de Pontevedra de cara á carreira popular de San Silvestre do próximo luns 31 de decembro.
Como homenaxe a Laura Luelmo, a mestra que foi violada e asasinada en Huelva tras saír a correr, as integrantes deste colectivo propoñen aproveitar a carreira para facer un acto reivindicativo.
Así, animan a todas as mulleres que vaian a participar na proba que veñan cunha camiseta branca que, antes da carreira, será pintada. Ademais, propoñen levar pano, bufanda, fular, gorra ou calquera outro complemento de cor lila.
A cita para ir todas xuntas será ás catro da tarde, unha hora antes da carreira, diante da cafetería Blanco y Negro, nas Palmeiras, para pintar as camisetas co símbolo feminista.
De aí, irase ata a saída da proba, que estará situada en Montero Ríos, para saír xuntas a correr na que buscan que sexa a San Silvestre máis feminista.
Relacionadas:
-
O movemento feminista de Pontevedra concéntrase contra Vox: "Nin un paso atrás en igualdade e diversidade"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- 35 anos correndo e crecendo. A San Silvestre supérase a si mesma con máis de 7.000 atletas
Por Ramiro Espiño & Diego Espiño |
-
Haberá cortes puntuais de tráfico pola San Silvestre en Pontevedra
Por Redacción |
-
A San Silvestre de Pontevedra, obxectivo 7.000 corredores
Por Alejandro Espiño |
-
A San Silvestre entrega os primeiros dorsais e inicia a súa conta atrás
Por Redacción |