O Centro de Recursos Educativos da ONCE, primeira proposta para os Premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O Concello rexistrou as dúas primeiras propostas para os Premios Cidade de Pontevedra deste ano que corresponde a unha única candidatura o Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE, que cumpriu o seu 75 aniversario. As propostas foron formalizadas pola Asociación Síndrome de Down “Xuntos” e pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra.
A Concellaría de Cultura lembra que as persoas, asociacións, entidades ou colectivos interesados poderán presentar as súas propostas no Rexistro do Concello teñen até o 5 de xaneiro de 2019. As propostas deberán levar unha memoria xustificativa que explique os méritos do designado.
Os Cidade de Pontevedra teñen dúas modalidades, persoa física e persoa xurídica. O xurado valorará o labor desenvolvido polos candidatos, sobre todo, no último ano e a proxección de Pontevedra e os pontevedreses/as derivada delo.
Os galardóns serán entregados nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián patrón da Boa Vila.
Relacionadas:
-
Francisco Barbeito, Carmen Abeledo e o CRE da ONCE, candidatos aos Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Últimos días para presentar propostas aos Cidade de Pontevedra, co CRE da ONCE como único candidato
Por Redacción |
-
Abre o prazo para a presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |