Francisco Barbeito, Carmen Abeledo e o CRE da ONCE, candidatos aos Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O empresario Francisco Barbeito, a enfermeira Carmen Abeledo e o Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE na cidade son, ata o momento, os tres candidatos que previsiblemente se disputarán a nova edición dos premios Cidade de Pontevedra 2019. O prazo para presentar candidaturas pechará esta medianoite, pero, a falta dunhas horas, son os tres que terían opcións reais.
En total, presentáronse catro candidaturas, ao sumarse a esas tres a do benefactor do Hospital Provincial, Manuel Barreiro Cabanelas, aínda que esta, segundo fontes municipais, non cumpre as bases dos premios. A proposgta, que realizou unha asociación de Ponte Caldelas non se axusta aos criterios requiridos porque non se contempla premiar a persoas falecidas, senón a persoas e entidades que durante o último ano destacasen polas súas actividades en beneficio de Pontevedra.
Segundo informou o portavoz do goberno local, Raimundo González, para a categoría de persoa xurídica tan só hai unha canduidatura, a do CRE da ONCE, a proposta da asociación de familiares con persoas con Síndrome de Down Xuntos.
As outras tres foron presentadas na categoría de persoa física. A primeira foi a de Francisco Barbeito Castro, que fundou en 1959 a empresa Cristalería Pontevedresa. Trátase dunha proposta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra.
A candidatura da enfermeira e activista da medicina comunitaria Carmen Abeledo Márquez presentárona os traballadores do centro de saúde da Parda, onde traballa actualmente.
O xurado de reunirá a próxima semana e desde o Concello lembran que as bases dos premios contemplan que os membros do mesmo poderán presentar candidaturas 'in voce' nesa reunión.
Os premios entregaranse o próximo 21 de xaneiro nun pleno extraordinario de honra no Teatro Principal. Adoitan entregarse o 20, festividade de San Sebastián, pero aprazouse ao día seguinte porque coinciden en domingo.
Relacionadas:
-
Falece aos 92 anos Francisco Barbeito, presidente e fundador de Cristalería Pontevedresa
Por Diego Espiño |
-
O empresario Francisco Barbeito e o centro da ONCE, premios Cidade de Pontevedra 2018
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
As mariscadoras de Lourizán e a ONGD Solidaridad Internacional súmanse como candidatas aos Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Últimos días para presentar propostas aos Cidade de Pontevedra, co CRE da ONCE como único candidato
Por Redacción |
-
O Centro de Recursos Educativos da ONCE, primeira proposta para os Premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Abre o prazo para a presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |