Os socialistas solicitan á Xunta a reposición dos servizos de Pediatría
Por Oskar Viéitez
Os socialistas solicitan un compromiso da Xunta para a reposición dos servizos de Pediatría que varios concellos da provincia perderon nos últimos meses.
O secretario xeral da comisión executiva provincial do PSdeG de Pontevedra, David Regades, asegurou que esta situación que xa se converteu en "insostible". De feito o déficit destes profesionais fixo que a Xunta agrupara as consultas pediátricas de 47 concellos en apenas 23 ambulatorios, o que repercute nun déficit asistencial e obriga á poboación a longos desprazamentos.
O Partido Socialista denunciará esta situación nunha moción que xa foi aprobada no pleno da Deputación e que se trasladará agora aos concellos da provincia para que se debata e aprobe.
Nela sinalan o que está a acontecer cos médicos dos Puntos de Atención Continuada (PAC), dándose casos nos que un só facultativo ten que atender a unha poboación aproximada de 20.000 persoas dos municipios da contorna.
Por iso os socialistas instan ao goberno da Xunta a "darlle unha solución á precarización da sanidade na provincia que non pase por seguir alimentando os concertos coa sanidade privada e baleirando de servizos os hospitais comarcais, caso do Hospital do Salnés, dentro dun modelo hospitalocéntrico que condena á maior parte da poboación".
"Non se consigue disminuir o número de doentes disminuindo o número de médicos e centros de saúde", denunciu o secretario xeral.
David Regades presentou esta iniciativa este venres na sede do PSOE en Pontevedra onde estivo acompañado por representantes das agrupacións locais socialistas da provincia, entre os que se atopaban responsables municipais dos concellos de Vilanova, Cambados, Cuntis, O Grove, Silleda, A Illa de Arousa, A Guarda, Poio, Moaña, Moraña e Cangas.
Relacionadas:
-
Os socialistas esixen a Feijóo un plan de reforma dos centros de saúde de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Satisfacción en Cuntis e Moraña pola recuperación do servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
Unha manifestación reclama en Cuntis o servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
Os colectivos sociais de Barro demandan o mantemento do servizo de Pediatría no municipio
Por Redacción |
-
O Sergas ve "prioritario" dotar de pediatra a Cuntis e Moraña pero recoñece que "non é fácil"
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade demandará ao Sergas a recuperación do servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |